Ramón Cabanillas: Vento Mareiro, 1921 Mariñeira |
||||||
Leste duro Mar bravo. Curiscadas da choiva. A noite vai rubindo cabaleira na sombra. As fortes ás tendidas, inquedadas, sin rumbo, silenzosas, levadas polo vento déixanse i as gaivotas.
Salseada e batida das escumas, de lombo en lombo das hinchadas olas, a vela a catro rizos, bolinando, coa quilla ó descuberto, vai a dorna! A dorniña pulpeira durmirá mar afora...
|
O patrón unha man aferrollada na caña do timón, outra na escota, Leva os ollos chantados nos cons ergueitos da lonxana costa.
Ferve o mar. Brua o vento... ¡Probe da dorna!
Un refacho asubiante abate a verga e tronza o palo, as cordas estalan, e un instante ábrese a vela e cai a plan no mar... Galgan as olas ouvenando roncas, como cans famentos en asalto dos cons... ¡Probe da dorna! |
|||||