Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2012 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Administrador

O 17 vémonos en Arousa

Categoría: actividades
Enviado: 10.05.2012 23:58

Despois das semanas de arranxos nas embarcacións da escola, o esmero que lle poñemos ao folio na procura da caligrafía máis acaída, do nome do familiar máis querido, da verba definitoria do que esperamos da embarcación (ou do que ela espera de nós), ben merecen que sexa o Día das Letras o escollido para o comezo da tempada dorneira.
E eí o ven.

O cartel que os presentamos, obra de Nieves Ozores, ben nolo di: letras, música e mar.

http://acddorna.org/blog/upload/Di_a_das_Letras2012.jpg



Este ano o elenco é impresionante:

Botadura do galeón recuperado pola ENT: “Rei do Mar”
Botadura do racú: “O Republicano”
Botadura do bote de Ribadeo: “Unicornio”

E o acontecemento literario da xornada: a presentación, a bordo do galeón “Rei do Mar”, da novela Iria, do escritor Anxo Angueira, patrón da “Roxiña”. A presentación contará tamén coa intervención de Dionisio Pereira, escritor, historiador e gran coñecedor do Patrimonio Marítimo Galego.

Como remate das actividades da festa, haberá unha comida no chiringo do Bao, o “Chibao”. Os interesados en asistir tedes que reservar praza, ben chamando a Uxío (polo móbil) ou ben a través deste blog.
Agardámosvos.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

O "Iria" de Anxo

Categoría: persoeiros
Enviado: 08.05.2012 21:53

Onte nas horas dos xantares e sen apenas preaviso, enterámonos da entrevista que no programa Zig Zag da TVG 2 íanlle facer a Anxo Angueira, o noso Anxo da "Roxiña". O motivo, a botadura do seu novo libro “Iria”, que xa navega polas librarías do país.

Na conversa, que podedes seguir na ligazón da fotografía, Anxo menciona a Escola de Navegación ACDDorna e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial para reivindicar o “pouso mariñeiro” que a novela reva. Unha e outra teñen dedicatoria no libro.

http://acddorna.org/blog/upload/Anxo.jpg
Anxo, con Uxío, en plena travesía literaria pola Arousa
(Foto de Maricarmen)



Tamén fala do seu devezo por presentar o libro en Arousa, o vindeiro 17 de Maio, o mesmo día da botadura do Galeón da Escola, “Rei do Mar”, no marco das actividades previstas para o Día das Letras.
Non volo perdades.



http://acddorna.org/blog/upload/iria%203.jpg
As dedicatorias
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Candeeiros, tinteiros e demais

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 06.05.2012 14:14

Onte sábado, no lugar habitual de atraque no Cantiño, estaba o Rei do Mar onde estiveron traballando antes da asemblea da tarde, Salva, os dous Linos e Paco para colocar as luces de situación entre os obenques do pao de popa, tanto a babor como a estribor.

A babor...

http://acddorna.org/blog/upload/asam_rei_luces_babor.jpg
Edu fíxonos unha visita


... e a estribor.

http://acddorna.org/blog/upload/asam_rei_luces_estribor.jpg


Pero había outras novidades xa instaladas: unhas cavilhas para o amarre dos cabos das velas dos paos maior e mesana.




http://acddorna.org/blog/upload/asam_rei_cabillero.jpg
Unha das cavilhas


Ademais, dende comezos da tarde, Lino estivo colocando a mesa e os bancos na bodega do barco.

O bermello que vedes nas imaxes foi o elexido para eles , agora hai que pintar o empanetado e o resto: ollo coa cor que escollemos¡¡



http://acddorna.org/blog/upload/asm_rei_mesa.jpg
Así de luminosa queda a sala de xuntas



http://acddorna.org/blog/upload/asm_rei_salva.jpg
Salva quixo comprobar a altura da mesa


E para rematar vai unha imaxe do tinteiro ou candeeiro de estribor, ou sexa , o que ven sendo a varanda que vai entre a proa e a popa do barco polos dous costados.


http://acddorna.org/blog/upload/asm_rei_tinteiros.jpg
Sinxelos e elegantes
Permalink Comentarios (6) Trackbacks ()

Rumbo ó dezasete

Categoría: Vilaxoán
Enviado: 06.05.2012 00:26

Maio coma sempre chegou cedo, non falta nada para o día grande de inicio da tempada. Na nave de Vilaxoán este venres sacáronse fóra os barcos máis emblemáticos, os que navegan con equipos de xente e que representan moi ben o sentir da escola.

A tarde ameazaba con nevadas inoportunas, pero houbo tregua durante o tempo que levou a operación



http://acddorna.org/blog/upload/maio_nave.JPG
Vista dende a nave

Non chegamos a tempo de fotografar o labor de traslado dos barcos, pero si sábese quenes estiveron alí: Salva, Lino, Santi, Inacio,...


http://acddorna.org/blog/upload/maio_peza.JPG
A Peza de Rabo probando as augas de maio

...Uxío, Calixto, Javi, Bea, Larry, Juan tamén foron quen de levar estes barcos para fóra do niño.


http://acddorna.org/blog/upload/maio_xei.JPG
Deitada fronte ó mar

Dentro do grupo clásico dos grandes agora hai que incluír o bote de Ribadeo, o Unicornio, unha das tres embarcacións que será protagonista deste dezasete de maio.


http://acddorna.org/blog/upload/maio_uni.JPG
Na rampa de Vilaxoán impaciente por navegar



E por último, pendente duns pequenos detalles, o racusiño que xa por fin poderá saír de Vilaxoán en busca de travesías, viaxes e aventuras.


http://acddorna.org/blog/upload/maio_rac%FA.JPG
O racú estreando a vela de martelo

Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 135
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 18.05.2012 12:26 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous