Glosario

 

 

 

H
J
K
M
U
Y
Z

Asóciate!

A: (subir)

 

Abatir: apartarse unha embarcación cara a sotavento. Abatemento: diferencia entre o rumbo que se toma e o real. Deriva.

Abordaxe: achegarse dúas embarcacións, pode ser accidental ou voluntario.

Agulla: ferraxe ‘macho’ do barco onde encaixa o chantadizo ou femia do temón.

Amurado de babor (ou de estribor): navégase amurado de babor (ou estribor) cando a vela queda a ese lado.
Amurar a proa: amarrar o puño de amura a proa
Amurar a verga: amarrar a austaga a verga. Úsase o no oito
Áncora: aparello con cadea ou cabo que serve para fondear.
Ángulo de bolina: ángulo formado polo eixe lonxitudinal da embarcación que navega de ceñida e a dirección do vento real.
Aparello: o aparello da dorna son a austaga e as drizas
Arbolar: monta-lo barco para saír a navegar.
Arrancar: ó cazar as velas o barco adquire velocidade. Un barco que está navegando con certa velocidade dise que leva arrancada. Un barco que non leva arrancada está parado.
Arraste: borde posterior dunha vela
Arriar: baixar a vela, soltando progresiva e uniformemente as drizas que a amarran.
Arribar: virar hacia sotavento. Tirar da caña cara a un mesmo (“arriba á barriga”)
Arrocamentos ou Garrucho: peza en forma de colar (con bolas enfiadas) que suxeita a verga ó pao e que asegura un movemento suave e uniforme ó baixa-la verga.
Austaga ou ostaga: parte da driza onde está amarrada a verga e que se usa para subir e descer a vela

 

B: (subir)

 

Babor: parte esquerda da embarcación mirando a proa.
Banco de proa: O primeiro banco da dorna que leva o buraco para o mastro.
Barlovento: parte de onde vén o vento.
Boia: baliza de sinalización
Bolinar: cando o rumbo da dorna forma o menor ángulo posible coa dirección do vento.
Borda: cada un dos costados da embarcación.

Bordada: camiño percorrido por unha embarcación bolinando, entrementres non cambie de amura, é dicir, mentres non "vire".

 

C: (subir)

 

Cadernas ou cavernas: parte da dorna onde se arman os remos para vogar.
Cair: cambiar de rumbo, arribando. (“Déixate cair”)
Caña: palanca encaixada na cabeza do temón e coa que se manexa este
Cazar: entrar ou cobrar un cabo ou unha escota.
Chantadizo ou femia: aro metálico fixado no espello de popa para enganchar a parte alta do temón.
Chilra ou escurela: parte da dorna
Cornamusa ou cáncamo: peza para amarrar cabos

 

D: (subir)

 

Deriva: desprazamento lateral dun barco de vela por efecto do vento. Abatemento.
Drizas: cabos utilizados para izar as velas

 

E: (subir)

 

Embornais: buracos que ten a dorna
Envergar: pasar un pao pola vela
Escarva: táboa da dorna que sobresae e sobre a que se ladea.
Escorar: deitar sobre un costado a embarción
Escoras: paus que se poñen amarrados á dorna para evitar que esta ladee cando está varada.
Escotas: cabos utilizados para cazar e orientar as velas.
Estrinque: cabo que vai dos arrocamentos ó banco do cofiño ou a un cáncamo.
Estrobeira: cabo fixo que vai na proa e que se usa para amurar co trabelo.

 

F: (subir)

 

Flamear: ondear unha vela. Ocorre cando non está correctamente orientada

Fura do traste: furo que ten o banco de proa para meter o pao. Enfogonadura de pao.

 

G: (subir)

 

Galleiro: soporte para os remos

Grillete: ferraxe en forma de U con pernos de rosca, de diversas formas e tamaños.

 

I: (subir)

 

Izar: subir unha vela ou bandeira tirando da súa driza.

 

L: (subir)

 

Lascar: soltar un cabo ou unha escota.
Liña de flotación: liña que marca a superficie sumerxida do casco.

 

N: (subir)

 

Nós: burato do pao polo que se enfían os aparellos.

 

O: (subir)

 

Orzar: virar cara a barlovento. Expuxar pola caña.

 

P: (subir)

 

Pao ou mastro: Pao longo e forte de madeira que se coloca verticalmente nos barcos para soste-las velas
Pasteca: roldana pola que pasan as drizas para facilitar a subida e baixada da vela.
Penol: parte de adiante da verga.
Poia: están na relinga e úsanse para recoller rizos
Popa: parte traseira da embarcación
Proa: parte anterior da embarcación. Proa ó vento, posición na que a proa da embarción está na dirección do vento.
Puños: ángulos ou picos das velas, onde se fan firmes as escotas e drizas. Hai Puño de driza, Puño de amura e Puño de escota.

 

Q: (subir)

 

Quilla: Peza que vai de proa a popa pola parte de abaixo da dorna. É a primeira peza que se pon na súa construción.

 

R: (subir)

 

Rabeira: táboas da dorna que sobresaen pola popa e serven para a varada.
Relinga de barlovento: cabo que reforza o lateral da vela
Remo: pao longo e estreito que ten no extremo unha parte plana en forma de pa e que serve para desprazar o barco facendo forza coa parte plana na auga.
Rizo: trozo de cabo utilizado na manobra para disminuír a superficie das velas.
Rumbo: dirección que segue o barco.

 

S: (subir)

 

Sotavento: parte oposta a aquela de onde vén o vento.

 

T: (subir)

 

Temón ou Leme: Peza de madeira, a modo de gran tablón, que serve para gobernar a dirección do barco
Timonel: Parte importante da embarcación. É o que manexa o temón. Temoneiro.
Tomar a vela: facer o nó do oito na verga.
Tomar rizos: manobra que consiste en recoller parte da vela, suxeitando o recollido con cabos chamados "rizos".
Trabelo ou cazolete: peza de madeira que vai amarrada no puño de amura. Pásase pola estrobeira para amurar.
Trasluchar: manobra de virada por popa.

 

V: (subir)

 

Verga: vara que porta a vela e que fai izar cos aparellos.
Virar por avante: virar de forma que, durante a maniobra, a proa do barco pase pola dirección do vento.
Virada por redondo: virar de forma que, durante a maniobra, a popa pase pola dirección do vento. Trasluchada.
Virar: cambiar de rumbo de modo que o vento que antes se recibía por unha amura, despois de virar, se reciba pola outra, é dicir, pasar de "amurado a estribor" a "amurado a babor" ou viceversa.

 

X: (subir)

 

Ximelga: onde van as entallas da verga. Serve para austagar a verga.